Toca xogar!

Queres o teu propio Can de Palleiro? Pois descarga o meu bonequiño e amosa a túa habilidade como criador de cans de papel.

Comparte a túa camada de #Can de #Palleiro nas redes sociais con #BonequiñoAllo

Descarga o teu can de palleiro

Consegue un
can de palleiro

Ola!
Eu son Allo e quero presentarvos a alguén moi especial. O meu amigo Ueno.

Él é un extraterrestre que quere ser galego, e como xa se sabe que un galego nace onde quere, eu estou máis que disposto a ensinarlle.

De momento, preguntes o que lle preguntes, só sabe decir "…ueno…", pero escribir, escribe moi ben, e outras moitas cousas que xa aprendeu. Pero amodiño, e coa axuda dos seus amigos, imos correr boas aventuras!

Os devanceiros do Can de Palleiro son os cans autóctonos de Galicia desde o paleolítico. Comparte unha orixe común co pastor belga, pastor alemán, pastor holandés, Berger Picard e Cão de Castro Laboreiro.

Este can de granxa existiu desde entón en toda Galicia e aínda sendo numerosas as referencias sobre el, tanto orais como literarias, permaneceu no anonimato practicamente ata os nosos días.

Recibe o seu nome en alusión á palleira onde este pastor e gardián adoitaba durmir.

  • Allo, un dos cans que participará en terapias con nenos con autismo

    O protagonista da última campaña de "Vivamos Como Galegos!" de Gadis, será un dos cans que participará na terapia pioneira que o Materno da Coruña dirixirá a máis de 20 nenos con autismo nas súas instalacións.

    Fuente: www.elidealgallego.com

  • Un Can de Palleiro protagoniza a nova entrega do Vivamos Como Galegos

    Allo, un Can de Palleiro, un Pastor Galego, é o protagonista da última edición de Vivamos Como Galegos! Nesta ocasión o can presume, e anima a presumir, de raza galega facendo fincapé no orgullo da terra.

    Fuente: www.vigoe.es

  • Presumamos Como Galegos!

    O día da estrea emítese un adianto da película Presumamos Como Galegos! nos informativos da mañá na TVG en primicia.

    Fuente: www.crtvg.es

  • Loira, a cadela da que tamén presumen os galegos

    A cadela Loira, de orixe mugardesa, é outro dos personaxes que aparece xunto a Allo na película Presumamos Como Galegos! Non é a primeira vez que se presenta diante da nosa pantalla xa que, previamente, interveu en varias series da Televisión de Galicia.

    Fuente: www.lavozdegalicia.es

2016 Gadis   |  
Aviso Legal  |